Saltar navegación

PROXECTO: Traballo en equipo

Icons made by Icon Pond from www.flaticon.com is licensed by CC 3.0 BY

Este é un traballo en equipo do grupo-clase.

O obxectivo é organizar un torneo por equipos de Voleibol.

Estes son os pasos a seguir para facer o proxecto:

  • Facer equipos mixtos de mínimo 6 e máximo 8 xogadoras e xogadores.
  • Cada equipo ten que escoller unha capitá e un capitán.
  • Poñer un nome ao equipo.
  • As capitás e os capitáns dos equipos que non están xogando, serán árbitras/os.
    • NOTA: Tamén poden escoller a outra persoa do seu equipo para arbitrar.
  • Cada equipo ten que xogar contra todos os outros equipos na clase.
  • Xógase ao mellor de 3 sets. O equipo que gañe 2 sets, será o gañador.
  • Cada set rematará cando un equipo chegue a 25 puntos cunha diferenza mínima de 2.
    • NOTA: No set definitivo será a 15 puntos cunha diferenza mínima de 2.
  • As/os capitás/áns teñen que apuntar o resultado final de cada partido e aquelas incidencias que lles parezan relevantes.
  • O respecto ao regulamento do xogo (ver a infografía co resumo das regras) é obrigatorio.
  • Calquera dúbida durante os partidos, será consultada a quen arbitra ou ben ao/á profesor/a.

Boa sorte e a xogar!

Modelo de Acta partido Voleibol

Neste arquivo adxunto atoparedes o modelo de Acta para o seguimento da cada partido.

A Acta terá que ser cuberta polas/os árbitras/os e asinada polas/os capitás/áns e entregada ao/á profesor/a ao remate de cada partido.

Calquera incidencia ou comentario, terá que ser explicada na Acta e tamén verbalmente ao/á profesor/a.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)