Saltar navegación

5. Modo de xogo

Comezo do partido e punto
Carmen García e Xiana Guerra. Comezo do partido e punto (CC BY-NC-SA). Gif extraído de canle de Youtube da Federación Andaluza de Voleibol. Final Copa Andalucía 2023 (CC BY)
DURACIÓN

Xógase ao mellor de 5 sets.

  • O partido remata cando un equipo gaña 3 sets.

Un set remata canda un equipo consegue 25 puntos, cunha diferenza mínima de 2.

  • EXCEPCIÓN: O último set ou set definitivo (para desempatar o partido) remata cando un equipo consegue 15 puntos, cunha diferenza mínima de 2.
COMEZO DO PARTIDO

Cun sorteo:

  • Entre os/as capitáns/ás e en presenza da/o árbitra/o.
  • Para escoller os lados da cancha e que equipo comeza sacando.
  • Se hai que xogar o set definitivo, sortéase de novo.

Distribución das/os xogadoras/es nas zonas de ataque e de defensa.

  • Ao comezo de cada set o/a entrenador/a entrega a quen arbitra a colocación no campo.
  • Esta colocación será a referencia para saber se fan ben as rotacións e a persoa que ten que sacar.
  • Esta colocación pode cambiar nos seguintes sets.

O SAQUE


Orde no saque:

  • Establecida dende o comezo de cada set.
  • Pode ser distinta para cada set.
  • Saca quen está na posición 1.
  • A/O líbero non pode sacar.
  • Dende detrás da liña de fondo, na área libre.
  • Pódese saltar ou non.
O balón pode ser golpeado coa man ou calquera parte do brazo.
Se no saque, o balón toca a rede e pasa ao campo contrario, é válido.

Despois de sacar, o/a xogador/a incorpórase ao campo de xogo.

O saque non se pode rematar polo equipo contrario.
O saque ten que ser directo, non pode ser tocado por ningún/ha compañeiro/a de equipo antes de que pase por riba da rede.


 
GAÑAR PUNTOS
 
 

Cando o balón bota dúas veces seguidas no campo do equipo contrario.
Cando hai máis de 3 toques antes de que o balón pase ao campo contrario.
Se un/ha xogador/a fai 2 toques seguidos.
O balón vai fóra dos límites do campo e toca o chan.
Se o balón non pasa por riba da rede.

INFRACCIÓNS (Punto para o equipo contrario, rotación e saque)

 

 

 

Invadir o campo contrario, por riba ou por debaixo da rede.
Tocar a rede con calquera parte do corpo.
Se hai faltas de saque, de posición ou de rotación.
Dirixirse irrespectuosamente a alguén do equipo contrario, do teu equipo, espectadores/as ou á/ao árbitra/o.
Non respectar as indicacións da/o árbitra/o.

Para saber que tipo de técnicas básicas se empregan en Voleibol, ollade esta infografía.

Técnicas básicas en Voleibol
Carmen García e Xiana Guerra. Técnicas básicas en Voleibol (CC BY-NC-SA)

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)