- A cancha onde se xoga a Voleibol é un terreo liso e ten forma rectangular.
- As dimensións son 18x9 metros.
- Arredor ten un espazo libre de 3 metros, como mínimo.
- Non obstante, se o ximnasio ou a instalación na que ides practicar Voleibol non ten estas dimensións, adapta as medidas ao espazo dispoñible.
- Fíxate, agora, nas seguintes características da cancha:
- Liñas: forman parte do campo.
- Hai dúas liñas laterais e dúas de fondo, que delimitan a superficie total da cancha.
- Hai unha liña central, que divide a cancha en dúas partes iguais. Na liña central está a rede.
- En cada parte da cancha hai unha liña paralela á liña central. Esta liña delimita as zonas de ataque e de defensa.
- Zonas: de ataque, de defensa e de saque.
- A zona de ataque está a 3 metros da liña central.
- A zona de defensa está entre a liña que delimita a zona de ataque e a liña de fondo.
- A zona de saque está detrás da liña de fondo.
- Liñas: forman parte do campo.
DEPORTES NA ESCOLA: VOLEIBOL
3. O campo de xogo
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0