Saltar navegación

4. Equipos e material

Posicións ao comezo dun set
Carmen García e Xiana Guerra. Posicións ao comezo dun set (CC BY-NC-SA)
Rotación en voleibol
Carmen García e Xiana Guerra. Rotación en voleibol (CC BY-NC-SA)
Posicións despois da primeira rotación
Carmen García e Xiana Guerra. Posicións despois da primeira rotación (CC BY-NC-SA)

EQUIPOS

  • Nun partido de Voleibol xogan dous equipos.
  • Na cancha hai 6 xogadores/as por equipo.
  • Pode haber ata 12 xogadores/as inscritos/as.
  • Na zona de ataque colócanse os/as dianteiros/as (posicións 2, 3 e 4).
  • Na zona de defensa colócanse os/as zagueiros/as e o/a líbero (posicións 1, 5 e 6).
  • Todos/as os/as xogadores/as poden:
    • sacar, respectando o seu turno (agás o/a líbero);
    • xogar nas zonas de ataque e defensa;
    • rotar no sentido das agullas do reloxo (agás o/a líbero).
Carmen García e Xiana Guerra. Balón de Voleibol (CC BY-NC-SA)

MATERIAL: O balón de Voleibol.

  • Ten forma esférica.
  • É dun material inflado recuberto de coiro.
  • Máis pequeno e lixeiro que o de baloncesto.
  • Pesa entre 260 y 289 gramos.
  • Ten unha circunferencia de 65-67 centrímetros.
  • Bota sen dificultade.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)