Existen máis normas e accións que é necesario que coñezas para xogar a Voleibol.
Deste xeito, o xogo será:
fluído, sen interrupcións constantes;
entretido, desfrutando de cada xogada;
sen discusións, polo coñecemento e respecto das normas;
educativo, practicando habilidades adquiridas noutros deportes ás peculiaridades do Voleibol.
Na seguinte táboa podes ler e escoitar en que consiste cada acción ou norma do Voleibol.
Imos aló!
Un equipo ten dereito a un máximo de 3 toques para devolver o balón ao campo contrario.
Se dá máis de 3 toques, é falta. Sería punto e saque para o outro equipo.
O bloqueo non conta.
Se dúas ou máis faltas son cometidas á vez por xogadoras/es dos dous equipos, é DOBRE FALTA e repítese a xogada.
Cando dúas ou máis faltas son cometidassucesivamente, soamente se ten en contaa primeira.
Cando o equipo que recibe un saque, gaña o punto, será o equipo sacador. As/os xogadoras/es teñen que rotar, antes de sacar, no sentido das agullas do reloxo.
O/A xogador/a na posición 2, que será quen teña que sacar, pasa á posición 1, da posición 1 vai para a posición 6 e así sucesivamente.
O bloqueo é a acción realizada por un/ha ou máis xogadores/as perto da rede, cos brazos estendidos e saltando,coa intención de interceptar o balón do lado contrario, normalmente un remate.
O bloqueo non conta como toque, polo que o equipo que bloqueou pode dar 3 toques.
Soamente poden bloquear os/as xogadores/as nas posicións 2, 3 e 4, que corresponde á zona de ataque.
Calquera xogador/a pode facer o primeiro toque despois dun bloqueo.
Un saque non se pode bloquear.
Xógase cando os dous equipos gañaron o mesmo número de sets.
Gañará o set definitivo o equipo que consiga 15 puntos, cunha diferenza mínima de 2.
Realízanse coa autorización de quen arbitra e cando o xogo está parado.
Poden substituírse dous/dúas xogadores/as á vez.
Unha substituta soamente pode entrar unha vez ao campo e soamente pode ser substituída por quen entrou e na mesma posición.
Quen entra ten que facelo no espazo comprendido entre a rede e a liña de ataque.
A/O líbero ten que entrar no espazo comprendido entre as liñas de ataque e de fondo.
Pode haber un/ha líbero por equipo no campo de xogo.
Leva camiseta de distinta cor.
É un/ha xogador/a defensivo/a.
Non pode sacar.
Non pode rematar unha xogada dende a zona de ataque se o balón está por riba da banda branca da rede.
Comprende o campo de xogo de 18x9 metros e a zona libre arredor del, que ten que medir, como mínimo, 3 metros por cada lado.
Os/as xogadores/as poden devolver un balón dende a zona libre se este non tocou o chan.