Hai determinadas accións no regulamento oficial de Voleibol que está permitido facer no saque e durante o xogo.
Fai esta actividade para saber que está permitido facer en Voleibol no saque e durante o xogo:
-
Mira as fotografías que aparecen na táboa inferior.
-
Le o texto que hai debaixo de cada fotografía.
-
Emprega o dicionario da RAG se hai algunha palabra ou expresión que non entendes.
Imos!
NO SAQUE E DURANTE O XOGO ESTÁ PERMITIDO... |
||
Sacar baixo ou alto, saltando ou sen saltar, detrás da liña de fondo sen pisala. | Sacar o/a xogador/a que está na posición 1. |
No saque e durante o xogo o balón pode tocar a banda branca da rede. |
Usar o pé nun golpe defensivo para que o balón non toque o chan. O balón non pode pasar ao campo contrario. | Bloquear un remate unha ou máis xogadoras. | Rotar no sentido das agullas do reloxo despois de recuperar un saque. |