Saltar navegación

7. O que está prohibido

Non é correcto!
Carmen García, Xiana Guerra.Non é correcto! (CC BY-NC-SA)

Hai determinadas accións no regulamento oficial de Voleibol que está prohibido facer no saque e durante o xogo.

Se fas algunha destas accións:

  • o saque non é correcto;
  • o equipo contrario anota un punto;
  • o equipo contrario recupera o saque;
  • o equipo contrario rota no sentido das agullas do reloxo;
  • saca a xogadora que está na posición 1.

Fai esta actividade para saber que está prohibido facer en Voleibol no saque e durante o xogo:

  1. Mira as fotografías que aparecen na táboa inferior.

  2. Le o texto que hai debaixo de cada fotografía.

  3. Emprega o dicionario da RAG se hai algunha palabra ou expresión que non entendes.

Imos!

NO SAQUE E DURANTE O XOGO ESTÁ PROHIBIDO...
Pisar a liña de fondo antes ou despois de facer un saque. Que o/a líbero realice un saque. Bloquear un saque.
Pisar a liña de fondo antes ou despois de facer un saque. Que o/a líbero realice un saque. Bloquear un saque.
Non rotar despois de gañar punto e recuperar saque. Tocar a rede con calquera parte do corpo ou invadir o campo contrario. Un/ha xogador/a dar máis de 2 toques seguidos.
Non rotar despois de gañar punto e recuperar saque.

Tocar a rede con calquera parte do corpo ou invadir o campo contrario.

Dar 2 toques seguidos ou máis o/a mesmo/a xogador/a.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)