Saltar navegación

VÍDEOS: Regras básicas do Pinfuvote

Icons made by Icon Pond from www.flaticon.com is licensed by CC 3.0 BY

O primeiro vídeo que vos propoñemos é orixinal e está feito con materiais propios e outros atopados en distintos repositorios na rede.

A voz de fondo está en galego e destácanse os aspectos fundamentais do regulamento de Pinfuvote.

As regras que atoparedes neste primeiro vídeo son as que empregamos nas nosas sesións de Educación Física para o deporte de Pinfuvote e serven como un resumo a todo o visto nesta Unidade.

Ollade o vídeo para axudarvos a lembrar estas regras básicas do Pinfuvote.

Carmen García e Xiana Guerra. Deportes na escola. Pinfuvote. Regras básicas (CC BY-NC-SA)

O segundo vídeo é unha presentación afondando sobre o regulamento do Pinfuvote.

Poderás parar o vídeo se así o precisas, para ler con máis detalle a información.

Carmen García e Xiana Guerra. Pinfuvote. Regras básicas (CC BY-NC-SA)

En Internet podedes atopar moitos vídeos sobre o Pinfuvote.

Centrarémonos nestes dous vídeos que aparecen deseguido.

  • O primeiro vídeo é de @jaorEF. O obxectivo deste vídeo é mostrar os aspectos básicos do Pinfuvote, xa que é un vídeo promocional.

Podes velo aquí 

  • O segundo vídeo é de Educacion Física Vinaròs e mostra os mellores momentos do campionato de Pinfuvote do 2019.  Desfrutádeo!

Podes velo aquí  Icona vídeo

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)