Saltar navegación

8. Máis regras

Bloquear un saque
Carmen García e Xiana Guerra. Rematar un saque (CC BY-NC-SA)
Gif extraído de Departamento Educación Física IES Brión. Xogamos ao Pinfuvote Parte 1. Canle Youtube. (CC BY)

Existen máis normas e accións que é necesario que coñezas para xogar a Pinfuvote.

Deste xeito, o xogo será:

  • fluído, sen interrupcións constantes;
  • entretido, desfrutando de cada xogada;
  • sen discusións, polo coñecemento e respecto das normas;
  • educativo, practicando habilidades adquiridas noutros deportes ás peculiaridades do Pinfuvote.

Para coñecer en que consiste cada acción e norma, preme nos botóns que aparecen de seguido.

Podes seguir o audio lendo o texto que está na columna da dereita. 

Imos aló!

botón 3 toques
  • Un equipo ten dereito a un máximo de 3 toques para devolver o balón ao campo contrario.
  • Se dá máis de 3 toques, é falta. Sería punto e saque para o outro equipo.
botón bote
  • O balón pode botar unha vez antes de ser golpeado por un xogador ou xogadora.
  • Se bota dúas veces ou máis, é punto e saque para o equipo contrario.
botón cambio de zonas
  • Cando o equipo que está sacando anota 3 puntos consecutivos (tamén se fai un TRIPIN), hai cambio na persoa que saca e cambio de zona nos dous equipos. Quen está na zona dianteira pasa á traseira e viceversa.
  • A nova persoa que saca é do equipo que puntuou, seguindo a orde establecida no saque ao comezo do set.
botón media
  • Como norma xeral, no saque o balón non pode tocar a rede.
  • Se no primeiro saque o balón toca a rede e pasa ao lado contrario, hai un segundo saque ("media").
  • Se no segundo saque sucede o mesmo, é punto e saque para o equipo contrario.
Set definitivo
  • Xógase cando os dous equipos gañaron o mesmo número de sets.
  • Gañará o set definitivo o equipo que consiga 15 puntos, cunha diferenza mínima de 2.
Substitucións
  • As substitucións son ilimitadas.
  • Realízanse coa autorización de quen arbitra e cando o xogo está parado.
  • Quen entra ten que facelo polo centro do campo, perto da rede e ten que agardar a que saia a quen vai substituír.
Tres botes
  • Un equipo ten dereito a un máximo de tres golpes e tres botes, un entre cada golpe, para devolver o balón ao campo contrario.
Botón TRIPIN
  • Cando 3 persoas dun mesmo equipo participan nunha xogada e golpean o balón cada unha cunha parte distinta (por exemplo, man, pé e cabeza) e gañan a xogada, ese equipo anota 3 puntos.
  • Despois dun TRIPIN cambian de zona nos dous equipos e saca o seguinte xogador ou xogadora que lle corresponda do equipo que puntuou.







Creado con eXeLearning (Ventana nueva)