Saltar navegación

7. Saque: o que está prohibido

Non é correcto!
Carmen García, Xiana Guerra.Non é correcto! (CC BY-NC-SA)

Hai determinadas accións no regulamento oficial de Pinfuvote que está prohibido facer no saque.

Se fas algunha destas accións:

  • o saque non é correcto;
  • o equipo contrario anota un punto;
  • o equipo contrario recupera o saque.

Fai esta actividade para saber que está prohibido facer cando realizas un saque en Pinfuvote:

  1. Mira as fotografías que aparecen na táboa inferior.

  2. Le o texto que hai debaixo de cada fotografía.

  3. Emprega o dicionario da RAG se hai algunha palabra ou expresión que non entendes.

Imos!

NO SAQUE ESTÁ PROHIBIDO...
Saltar no saque Non ter os dous pés dentro da zona de saque Rematar o saque do equipo contrario
Saltar no saque. Non ter os dous pés dentro do círculo que delimita a zona de saque. Rematar o saque do equipo contrario.
Non facer un saque directo A pelota toca na rede no segundo saque Non respectar a orde no saque.
Non facer un saque directo ao campo contrario. No segundo intento de saque, que a pelota toque na rede. Non respectar a orde no saque.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)