Saltar navegación

1. Definición de Pinfuvote

Saúdo ao comezo dun partido de Pinfuvote
Carmen García e Xiana Guerra. Saúdo equipos en Pinfuvote (CC BY-NC-SA)
Gif extraído de Departamento Educación Física IES Brión. Xogamos ao Pinfuvote Parte 1. Canle Youtube. (CC BY)
  • O Pinfuvote, é un deporte alternativo de equipo de cancha dividida. Fusiona algunhas normas do PINg-pong, tbol, VOleibol e TEnis.
  • Ten a súa orixe nun colexio de primaria da provincia de Sevilla, onde Juan Lorenzo Roca Brines, mestre de Educación Física, comezou a introducir algunhas adaptacións ao voleibol, para integrar a todo o alumnado, independentemente das súas habilidades. Por exemplo, permitir que o balón botara antes de golpealo, baixar a altura da rede, sacar máis cerca da rede...
    • Dende o ano 2009 o Pinfuvote está rexistrado na Propiedade Intelectual da Junta de Andalucía.
  • Para xogar empregamos un balón esférico, brando (de gomaespuma ou similar), dunha circunferencia aproximada de 60-70 centímetros e que permita o bote sen dificultade
  • O espazo de xogo é rectangular e está dividido na metade por unha rede de 1,07 metros.
    • As medidas do campo dependen do número de xogadores/as por equipo.
  • O obxectivo do xogo é enviar o balón ao campo contrario e que bote dúas veces no chan sen que o equipo contrario poida devolvelo.
    • O balón pode ser golpeado con calquera parte do corpo.
    • Pode botar antes de ser golpeado.
    • Poden darse ter toques antes de que pase ao equipo contrario.
  • Nun partido de Pinfuvote xogan dous equipos mixtos. Dependendo do tamaño da cancha, o número de xogadores/as por equipo varía.
    • Cancha de Voleibol: equipos de 4, 5 ou 6 xogadoras/es.
    • Cancha de Baloncesto: equipos de 7, 8, 9 ou 10 xogadoras/es.
    • Pistas polideportivas (40x20 metros): equipos de 11 ata 20 xogadoras/es.
  • Os equipos son mixtos.
  • Todos/as os/as xogadores/as poden:
    • sacar, respectando o seu turno;
    • xogar nas zonas dianteiras ou traseira.
  • As cualidades máis destacadas para xogar a este deporte son lanzar, pasar e golpear.

No seguinte mapa conceptual aparecen reflectidos os valores que se fomentan coa práctica do Pinfuvote.

Mapa conceptual valores do Pinfuvote
Carmen García e Xiana Guerra. Mapa conceptual valores do Pinfuvote (CC BY-NC-SA)

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)