EQUIPOS
- En Pinfuvote, os equipos son mixtos.
- Cada equipo está formado por un número determinado de xogadoras/es, dependendo do tamaño da cancha.
- Cancha de voleibol: 4, 5 ou 6 xogadoras/es por equipo.
- Cancha de baloncesto: 7, 8, 9 ou 10 xogadoras/es por equipo.
- Canchas polideportivas: entre 11 e 20 xogadoras/es por equipo.
- Un/ha dos/as xogadores/as será o/a capitán/á.
MATERIAL: Rede, postes e balón.
- A rede está colocada ao longo da liña central e ten unha altura de 1,07 metros (como no Tenis).
- Os postes sosteñen a rede.
- Están colocados nos extremos da liña central.
- Sobresaen por riba da altura da rede.
- Estarán ben sinalizados (pódese usar cinta branca e vermella).
- Forman parte da rede.
- Delimitan lateralmente o espazo do paso do balón.
- Para xogar a Pinfuvote empregamos un balón.
- Ten forma esférica.
- É brando (de gomaespuma ou similar).
- Ten unha circunferencia aproximada de 60-70 centímetros.
- Debe botar sen dificultade.