Saltar navegación

3. O campo de xogo

Carmen García e Xiana Guerra. Campo de xogo de Pinfuvote (CC BY-NC-SA)

A cancha onde se xoga a Pinfuvote é un terreo liso e ten forma rectangular.

As dimensións son variables, dependendo do número de xogadoras/es:

  • Pistas de voleibol, 18x9 metros, para equipos de 4, 5 ou 6 xogadoras/es.
  • Pistas de baloncesto, 28x15 metros, para equipos de 7,8, 9 e 10 xogadoras/es.
  • Pistas polideportivas, 40x20 metros, para equipos de 11 ata 20 xogadoras/es.

Non obstante, se o ximnasio ou a instalación na que ides practicar Pinfuvote non ten estas dimensións, adapta as medidas ao espazo dispoñible.

Fíxate, agora, nas seguintes características da cancha:

  • Liñas: forman parte do campo.
    • Hai dúas liñas laterais e dúas de fondo, que delimitan a superficie total da cancha.
    • Hai unha liña central, que divide a cancha en dúas partes iguais. Na liña central está a rede.
    • En cada parte da cancha hai unha liña paralela á liña central. Esta liña delimita as zonas dianteira e traseira.
  • Zonas: dianteira, traseira e de saque.
    • En cada lado da cancha existen dúas zonas, zona dianteira e zona traseira.
    • No centro de cada lado da cancha hai un círculo que é a zona de saque. A zona de saque ten distintas medidas dependo do tipo de cancha:
      • Cancha de voleibol: 1 metro de diámetro.
      • Cancha de baloncesto: 1,5 metros de diámetro.
      • Canchas polideportivas: 2 metros de diámetro.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)