Saltar navegación

6. Saque: o que está permitido

Icona de correcto ou ben
Carmen García e Xiana Guerra. É correcto! (CC BY-NC-SA)

Hai determinadas accións no regulamento oficial de Pinfuvote que está permitido facer para realizar un saque correcto.

Fai esta actividade para saber que está permitido facer para realizar un saque correcto en Pinfuvote:

  1. Mira as fotografías que aparecen na táboa inferior.

  2. Le o texto que hai debaixo de cada fotografía.

  3. Emprega o dicionario da RAG se hai algunha palabra ou expresión que non entendes.

Imos!

NO SAQUE ESTÁ PERMITIDO...
Saque coa man Saque directamente ao campo contrario Bloquear un saque
Sacar con calquera parte do corpo, con ou sen bote do balón, desde dentro do círculo. Lanzar ou golpear o balón directamente ao campo contrario. Bloquear un saque.
Seguir a orde establecida no saque A pelota toca na rede no primeiro saque Rotar zonas despois de 3 puntos e nova persoa saca
Seguir a orde no saque establecida ao comezo de cada set. Que a pelota toque na rede no primeiro intento de saque e pase ao lado contrario (sería "media"). Cambiar á persoa que saca se o seu equipo gaña 3 puntos seguidos, e rotar as zonas nos dous equipos.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)