Saltar navegación

5. Modo de xogo

Xogando a Pinfuvote
Carmen García e Xiana Guerra. Xogando a Pinfuvote (CC BY-NC-SA)
Gif extraído de Departamento Educación Física IES Brión. Xogamos ao Pinfuvote Parte 1. Canle Youtube. (CC BY)
DURACIÓN

Xógase ao mellor de 3 ou 5 sets.

  • Se é ao mellor de 3 sets, o partido remata cando un equipo gaña 2 sets.
  • Se é ao mellor de 5 sets, o partido remata cando un equipo gaña 3 sets.

Un set remata canda un equipo consegue 25 puntos, cunha diferenza mínima de 2.

  • EXCEPCIÓN: O último set ou set definitivo (para desempatar o partido) remata cando un equipo consegue 15 puntos, cunha diferenza mínima de 2.
COMEZO DO PARTIDO

Cun sorteo:

  • Entre os/as capitáns/ás e en presenza da/o árbitra/o.
  • Para escoller os lados da cancha e que equipo comeza sacando.
  • O equipo que saca no 1º set tamén sacará no set definitivo.

Distribución das/os xogadoras/es nas zonas dianteira e traseira.

  • Os/As capitáns/ás entregan a quen arbitra a colocación no campo.
  • Esta colocación por zonas ten que manterse durante todo o set.
  • Esta colocación pode cambiar nos seguintes sets.

O SAQUE


Orde no saque:

  • Comunicada a quen arbitra polo/a capitán/á de cada equipo.
  • Pode ser distinta para cada set.
  • Dende o círculo central.
  • Cos dous pés no chan.
  • Sen saltar.
O balón pode ser golpeado ou lanzado con calquera parte do corpo, sen bote ou con bote.
Se no primeiro saque, o balón toca a rede e pasa ao campo contrario, repítese o saque (sería "media", como en Tenis).

Despois de sacar, o/a xogador/a incorpórase á zona que lle corresponda, dianteira ou traseira.

O saque non se pode rematar polo equipo contrario.
O saque ten que ser directo, non pode ser tocado por ningún/ha compañeiro/a de equipo antes de que pase por riba da rede.


 
GAÑAR PUNTOS
 
 

Cando o balón bota dúas veces seguidas no campo do equipo contrario.
Cando hai máis de 3 toques antes de que o balón pase ao campo contrario.
Se un/ha xogador/a fai 2 toques seguidos.
O balón vai fóra dos límites do campo.
Se o balón non pasa por riba da rede.

INFRACCIÓNS (Punto para o equipo contrario e saque)

 

 

 

Invadir o campo contrario, por riba ou por debaixo da rede.
Tocar a rede con calquera parte do corpo.
Cambiarse as/os xogadoras/es de zona antes de rematar un set.
Dirixirse irrespectuosamente a alguén do equipo contrario, do teu equipo, espectadores/as ou á/ao árbitra/o.
Non respectar as indicacións da/o árbitra/o.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)