Saltar navegación

Indicacións xogos

Nenos e nenas en fila
Pixabay. Nenos e nenas (CC0)

No inicio de cada actividade interactiva aparece un botón de play para escoitar un audio que explica aos nenos e nenas que non saiban ler, como resolver a actividade.

Adiviña a fala dos animais

Neste xogo van escoitar un audio dun animal e deben escoller a imaxe que corresponde a ese animal. Hai animais do conto e outros que non están, pero que son habituais en Galicia.

Os talentos de Petra

É un xogo de selección múltiple: é dicir, que poden marcar como correctas varias respostas. Deben distinguir as profesións que Petra practica e as que non. As profesións de Petra son: ximnasta, modelo, pintora e música/ cantante/ artista. Para o xogo non se precisa saber ler, pois faise con imaxes e audio.

Letras viaxeiras

É un xogo de encher ocos. En cada palabra hai unha ou varias letras que non se ven e que deben completar. Como axuda, aparece unha imaxe ao lado de cada palabra.

Animais revoltos

É un vídeo interactivo no que deberán lembrar se ese animal da imaxe pertence ao conto. Na retroalimentación explícase que a ovella si pertence ao conto, aínda que non fala,  porque sabemos que Petra pinta rabos de ovella.

Como fai o animaliño?

Este vídeo non é interactivo pero si conta coas pausas necesarias para darlles tempo a dicir como fai o animaliño ("O gatiño...o gatiño miaña"). Pode ser realizado cun pequeno grupo de nenos e nenas con ordenadores individuais, ou ben con toda a clase nunha única pantalla grande. O vídeo podemos paralo para ter tempo de pensar, se é preciso.

Project-Id-Version: eXeLearning 2.6Report-Msgid-Bugs-To: POT-Creation-Date: 2021-05-04 18:24+0200PO-Revision-Date: 2021-04-25 19:19+0200Last-Translator: Pablo Nimo Liboreiro Language: glLanguage-Team: eXeLearning.net Plural-Forms: nplurals=2; plural=(n != 1)MIME-Version: 1.0Content-Type: text/plain; charset=utf-8Content-Transfer-Encoding: 8bitGenerated-By: Babel 2.4.0