Ficheiros adxuntos
Por se resulta útil, podes descargar imaxes empregadas en algunha actividade ou en algún xogo.
1. Mapa de Galicia orixinal para situar as árbores senlleiras e fragas importantes. Ou ben roteiros para facer con nenos e nenas pequenas.
2. Fichas recortables para traballar as emocións negativas (crítica, acoso). Propón diferentes situacións comunicativas con estes personaxes para que o teu alumnado as escenifique coas fichas empregando as debidas fórmulas de cortesía e con asertividade. Podes recortalas e pegalas a un cartón ou cartolina. Se lles pegas por detrás un pauciño, serán máis manexables.
3. Fichas sobre información non verbal (xestual) para traballar as emocións con personaxes. Poderían recortarse e pegarse en cartolinas. Atando unhas gomas ou cintas, e facendo buratos á altura dos ollos, poden ser caretas para escenificar situacións de comunicación nas que expresar as propias emocións.
4. Mestura de gravacións de sons de fraga para a actividade final: paxaros, río, ras, vento... Por se queres editalo á túa maneira.
5. Vídeo do xogo (en 480) "Como fai o animaliño?
6. Vídeo do xogo (en 480) "Animais revoltos".
7. Guía didáctica de "Contiños para despertar versos".
- Mapa de Galicia orixinal (Nova ventá)
- Emocións e automotivación. (Nova ventá)
- Información non verbal. Emocións. (Nova ventá)
- Sons da fraga (Nova ventá)
- Vídeo do xogo 5: Como fai o animaliño? (Nova ventá)
- Vídeo do xogo 4: Animais revoltos (Nova ventá)
- Guía didáctica de "Contiños para despertar versos". (Nova ventá)