Unha maldición na antiga Roma era básicamente moi parecida ás maldicións modernas: un desexo verbal ou escrito de que o mal caese sobre a persoa á que se dirixe a maldición. Conservouse un gran número de versións escritas, moi elaboradas e ás veces de longa extensión, chamadas tabellae defixionis. O seguinte exemplo está datado a mediados do século I a.C:
Oh esposa de Plutón, boa e bela Proserpina... rógoche que arranques a Plotius a saúde, o corpo, a complexión, a forza, as facultades. Entrégao a Plutón, o teu marido. Que non poida evitalo coas súas artimañas. Entrega a ese home ao cuarto día, ao terceiro día, á febre de todos os días. Que loiten e se peléxen con el, o superen e atafeguen sen cesar ata arrincarlle a vida. Así que o entrego como vítima a ti, Proserpina, a menos que, oh Proserpina, a menos que deba chamarche Deusa do Mundo Inferior.
Envía, rógoche, a alguén que chame ao can de tres cabezas coa petición de que lle arrinque o corazón a Plotius. Promete a Cérbero que lle darás tres ofrendas -dátiles, higos secos e un porco negro- se cumpre a súa tarefa antes do mes de marzo. Todo isto, Proserpina, dareicho cando me teñas feito dono do meu desexo. Douche a cabeza de Plotius, escravo de Avonia. Oh Proserpina, douche a fronte de Plotius. Proserpina, douche as cellas de Plotius. Proserpina, douche as pálpebras de Plotius. Proserpina, douche as pupilas de Plotius. Proserpina, douche as fosas nasais, os beizos, as orellas, o nariz e a lingua e os dentes de Plotius para que non poida pronunciar o que lle doe; o pescozo, os ombreiros, os brazos, os dedos, para que non poida axudarse a si mesmo; o peito, o fígado, o corazón, os pulmóns, para que non poida sentir o que lle doe; o abdome, o ventre, o embigo, os costados, para que non poida durmir; os omóplatos, para que non poida durmir ben; a parte sacra, para que non poida facer auga; as nádegas, as coxas, as pernas, as canelas, os pés, os nocellos, as plantas dos pés, os dedos dos pés, as uñas, para que non poida valerse en por si.
[...] Maldito sexa! Maldito sexa! Maldito sexa! Entrégao, entrégao, para que non poida ser, ver e contemplar ningún mes máis.
( CIL 1.2520)
1. A que divinidade se lle pide o cumprimento da maldición?
2. Quen era Cérbero?
3. En que consiste a maldición que se pide cumprir?
3. Que ofrece o/a maledicente a cambio de que se cumpra a maldición?
4. Por que crees que menciona todas esas partes do corpo?