Saltar navegación

Actividades

Presentación dixital

Elabora unha presentación para expoñer na clase, narrando coas túas propias palabras a lenda do rapto das sabinas e as circunstancias que o rodearon. Emprega para iso as seguintes imaxes (e outras tamén da túa elección) no sitio adecuado, describíndoas convenientemente. Ollo! Aquí non aparecen ordeadas cronolóxicamente.

A roca Tarpeia As mulleres sabinas interveñen na batalla David: o rapto das sabinas

O desenvolvemento da República Romana

Agrupamento
Tres ou catro participantes

As distintas tarefas consisten en:

1. Sinalar nun mapa mudo de Italia a localización dos distintos pobos veciños ou rivales de Roma entre os séculos VI e III a.C

2. Incluír neste mapa as datas (aprox.) do dominio romano destes pobos

3. Expoñer o traballo como presentación na clase

Debate sobre a situación da muller na República Romana

Todo o agrupamento
O conxunto da aula

Os seguintes textos dan unha idea da situación da muller na antigua República Romana. Revisa o apartado desta unidade referido á familia en Roma e, apoiándote nestes textos debate na aula a túa propia visión sobre este tema. 

"Estranxeiro, non teño moito que dicirche. Esta é a tumba non fermosa dunha muller que foi fermosa. Os seus pais chamárona Claudia. Amou ao seu marido con todo o seu corazón. Deu a luz dous fillos. Un déixao na terra, ao outro o enterrou. Amable no falar, honesta no seu comportamento, gardou a casa, fiou a la. Non teño máis que dicirche. Segue o teu camiño". (Inscripción latina)

Este fragmento pertence ao escritor romano Séneca:

"Calquera animal, calquera escravo, roupa ou útil de cociña, probámolo antes de compralo; só a esposa non se pode examinar para que non desguste ao noivo antes de levala a casa. Se ten mal gusto, se é parva, deforme, ou lle cheira o alento, ou ten calquera outro defecto, só despois da voda chegamos a coñecelo." (Séneca)

Matrona romana
Matrona romana



Indica se son verdadeiras ou falsas as seguintes afirmacións...

Pregunta 1

1. A primeira gran división da sociedade romana era entre cidadáns ricos e pobres

Pregunta 2

2. Os plebeos románs eran sempre pobres

Pregunta 3

3. A diferencia básica entre escravos e libertos consistía en que estes últimos gozaban de liberdade

Pregunta 4

4. Os extranxeiros e os libertos tiñan en común o seren libres e carecer de dereitos

Pregunta 5

 5. Os prisioneiros de guerra e deudores que non eran quen de pagar acababan normalmente como escravos

Feito con eXeLearning (Nova ventá)