Saltar navegación

2.5.- Por exemplo?

Fluxogramas con LibreOffice

Un dos métodos máis simples para crear fluxogramas é o emprego dos paquetes ofimáticos. Non van dispor dos recursos que nos ofrecen as aplicacións específicas. Pero son suficientes para debuxar un diagrama de forma fácil.

Neste vídeo amósase o emprego de LibreOffice Impress para crear diagramas. (Premer para velo)

Fluxogramas con Cacoo

Neste vídeo vemos como crear un fluxograma básico coa aplicación online Cacoo

Estamos a ver que se pode representar diagramas de fluxo de calquera proceso de resolución de problemas, dos máis simples ata os máis complexos. Podemos ver a continuación algúns exemplos. Debemos analizar o proceso completo e as súas posibilidades (non só o nome). Tentaremos atopar tamén que problema ou necesidade se pretende resolver con este proceso, e como se vai facer.

Exemplo 1

Diagrama de fluxo: suma de dous números.
Diagrama de flujo de ejemplo: suma de dous números.
Manuel Torres Búa. Diagrama de fluxo suma (CC BY-SA)

* (Realmente a forma resultado da suma pode ser unha saída de datos simplemente)

Exemplo 2

Diagrama de fluxo: área dun triángulo

Diagrama de flujo de cálculo da área dun triángulo.
Manuel Torres Búa. Diagrama de Fluxo: área dun triángulo (CC BY-SA)
* (Realmente a forma resultado da área pode ser unha saída de datos simplemente)

Ejemplo 3

Diagrama de fluxo: revisión dun traballo monográfico.
Diagrama de fluxo da revisión dun traballo monográfico.
Manuel Torres Búa. Diagrama de fluxo da revisión dun traballo monográfico. (CC BY-SA)

Exemplo 4

Diagrama de fluxo: busca de consenso.
Diagrama de flujo busca consenso.
Manuel Torres Búa. Diagrama de fluxo busca consenso (CC BY-SA)