Saltar navegación

2.4.- Con que?

Martelo e chave inglesa
kjpargeter en Freepik. Construction. Licenza: Freepik uso libre con atribución

Tendo claro o que queremos representar co diagrama, coñecendo e empregando axeitadamente a simboloxía e respectando as normas para a súa construción estamos xa en condicións de crear un diagrama de fluxo que represente correctamente a resolución dun determinado problema. Non precisamos máis que a nosa imaxinación, a cooperación do grupo, un lapis e papel.

Existen, como é lóxico, ferramentas que nos permitiran traballar comodamente con diagramas. Non se trata só da representación final do mesmo coma un mero debuxo. Poden permitirnos realizar modificacións, compartir información e incluso, implementar o diagrama coma no caso dos algoritmos en informática ou dos autómatas e robots.

As ferramentas máis sinxelas son as estándar dos paquetes ofimáticos, coma por exemplo LibreOffice Draw, Impress ou incluso co procesador de textos Writer. Podemos empregar aplicacións libres de debuxo, coma inkscape. No traballo na rede temos por exemplo as aplicacións estándar de Google Drive, inda que neste caso podemos empregar aplicacións específicas, como veremos.

A continuación un pequeno catálogo de aplicacións específicas:

Logotipos propiedade das marcas comerciais