2.3.1.- Que simboloxía temos que empregar?
Preme en cada apartado para ver a simboloxía empregada nos diagramas de fluxo.
Inicio ou fin
Indica o principio ou o final del proceso.
Marca o punto inicial ou final dun proceso representado no diagrama. Normalmente leva no interior as palabras inicio ou fin.![]()
Entrada/saída de datos
Entrada ou saída de datos.
Indica a entrada no sistema de datos do exterior ou a saída de datos do proceso cara ao exterior.
Entrada manual
Introdución de datos.
Neste caso pídese ao usuario que introduza datos de forma manual
Subproceso
Conexión con procesos ou rutinas xa definidos.
Indica a existencia dunha secuencia de accións para realizar unha tarefa específica inserida nun proceso maior. Este subproceso describiríase noutro diagrama.![]()
Acción ou proceso
Proceso, acción, tarefa …
Indica un paso no proceso: unha acción, unha función, unha operación,...
Decisión
Análise dos datos ou do proceso para tomar un camiño ou outro.
Indica un punto de decisión dende o que parten diferentes liñas que ramifican o proceso. A decisión responderase con SI/NON, Verdadeiro/falso ou similar.
Conector
Enlaza dúas partes dun diagrama na mesma páxina.
Simboliza un corte no proceso. O proceso continúa onde se atope outro símbolo identificado do mesmo xeito.![]()
Conector fora de páxina
Enlaza dúas partes dun diagrama en diferentes páxinas.
Neste caso o proceso divídese en páxinas diferentes, e o punto de saída e de entrada se establece con este símbolo, tamén identificado correctamente.![]()
Documento
Saída de documento.
Cando no proceso se elabora un documento, ou cando un documento entra no proceso.![]()
Multidocumento
Saída de varios documentos.
Como o anterior, pero para o caso de varios documentos.
Liña de fluxo
Dirección do proceso.
Indica o sentido do fluxo de actividades do proceso.![]()
Interacción
Une dúas formas que teñen que realizarse á vez.
A unión mediante a liña a trazos indica a relación entre dúas formas ou símbolos do diagrama que se deberán realizar á vez.
Almacenamento
Indica que é necesario realizar unha copia da información.
Datos almacenados nun dispositivo.
Repetición
Indica que se repita un número de veces as instrucións.
Indica unha estrutura repetitiva. Un anaco do proceso repetirase en función de certas condicións..![]()
Selección múltiple
Punto de selección entre varias ramas en función do selector.
En función do resultado dunha comparación percorrerase un camiño ou outro
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0