Saltar navegación

2.2.1.- Que é un Diagrama de Fluxo?

 

Un Diagrama de Fluxo é unha representación gráfica esquemática que amosa un proceso determinado mediante símbolos normalizados e/ou aceptados por convención.

Preme en cada apartado.

... Unha representación gráfica

Pertence ao universo da representación gráfica da información, dentro dos denominados Diagramas de Bloques.

... Esquemática

Xa que nos aporta unha sucesión de pasos e decisións para un problema dado mediante un esquema de formas e conectores.

... Representa un proceso

Un proceso é un conxunto ordenado de tarefas que hai que seguir para solucionar un determinado problema ou propor unha solución ao mesmo.

... Símbolos normalizados

A representación realizarase empregando símbolos: debuxos sinxelos que asociamos a determinadas accións.

... Convencións

Para crear os diagramas apoiámonos nunha serie de regras moi básicas establecidas e xeneralizadas a nivel internacional para interpretar todos o mesmo nos gráfico.


O diagrama de bloques é a representación gráfica do funcionamento interno dun sistema, que se realiza mediante bloques e as súas relacións, e que, ademais, definen a organización de todo o proceso interno, as súas entradas e saídas.

En: “Diagrama de bloques”, Wikipedia, la enciclopedia libre [En liña]. Dispoñible: https://es.wikipedia.org/w/index.php?title=Diagrama_de_bloques&oldid=100231239. [Consulta: 16-novembro-2017].

Vemos unha definición máis elaborada:

Un diagrama de fluxo é un diagrama que describe un algoritmo de procesos, sistemas ou computadoras. Son amplamente utilizados en numerosos campos para documentar, estudar, planificar, mellorar e comunicar procesos que son a miúdo complexos en diagramas claros e fáciles de entender. Os diagramas de fluxo usan rectángulos, ovais, diamantes e moitas outras figuras para definir o tipo de paso, xunto coas frechas de conexión que establecen o fluxo e a secuencia. Poden variar de diagramas sinxelos e debuxos a man ata diagramas xerados por computadora exhaustivos que describen múltiples pasos e rutas. Se temos en conta as diferentes figuras dos diagramas de fluxo, son un dos diagramas máis comúns do mundo, utilizados por persoas con ou sen coñecementos técnicos en diversos ámbitos.

“Qué es un diagrama de flujo”, Lucidchart. (2017) [En liña]. Dispoñible: https://www.lucidchart.com/pages/es/qu%C3%A9-es-un-diagrama-de-flujo. [Consulta: 20-novembro-2017]. Tradución libre