Saltar navegación

2.1.- Para comezar

Introducímonos con este tema no eido da representación gráfica de procesos. Os diagramas de fluxo ou fluxogramas son unha ferramenta moi estendida para a exposición de solucións aos problemas mediante procesos. No caso da programación, é unha das mellores formas que temos para deseñar o noso produto informático.

Antes de traballar coa computadora e tendo claro o que desexamos crear, procederemos a deseñar o produto: un produto informático. Os máis avezados poden empregar directamente o código propio da linguaxe de programación escollida. Sen embargo, traballar co deseño e levalo á práctica é moito máis fácil se empregamos os diagramas, e unha linguaxe máis sinxela que o do código fonte: o pseudocódigo. Veremos esta linguaxe no seguinte tema.

Obxectivos

  • Coñecer o que son os diagramas de fluxo, os seus compoñentes e regras fundamentais.

  • Saber interpretar diferentes diagramas de fluxo en campos diversos.

  • Ser quen de construír os propios diagramas para representar a resolución de problemas concretos.