Saltar navegación

2.3.2.- Que regras hai que respectar?

 
Cartel de estrada co lema "Normas para crear diagramas de fluxo"
Creado en Add Letters. Road highway
Non son moitas as regras a ter en conta á hora de crear diagramas de fluxo. É posible que atopemos algunha máis específica segundo traballemos con diagramas de fluxo de procesos, de fabricación ou, coma vai ser o noso caso, para algoritmos. De forma xeral deberemos ter en conta o seguinte: 
1º.- Establecer alcance

Establecer o alcance do proceso a describir. Deste xeito quedará fixado o comezo e o final do diagrama. Frecuentemente o comezo é a saída do proceso previo e o final a entrada ao proceso seguinte.

2º.- Identificar actividades

Identificar e listar as principais actividades/subprocesos que están incluídos no proceso para describir e a súa orde cronolóxica. Se o nivel de detalle definido inclúe actividades menores, listalas tamén.

3º.- Puntos de decisión

Identificar e listar os puntos de decisión.

4º.- Construír

Construír o diagrama respectando a secuencia cronolóxica e asignando os correspondentes símbolos.

5º.- Nomear

Asignar un título ao diagrama que describa con exactitude o proceso elixido.

6º.- Revisar

Verificar se está completo, revisar os fluxos do diagrama e modificar o que sexa pertinente.