2.3.- Como?
Con independencia de que empreguemos algunha aplicación que nos axilice o traballo, crear un diagrama de fluxo é fundamentalmente un proceso intelectual e, preferiblemente, consensuado en grupo. Tentar solucionar un problema mediante unha serie de accións e decisións ordenadas non precisa máis que a nosa análise. O fundamental é concienciarnos dos elementos que constitúen a materia prima no noso proceso de resolución do problema plasmado no diagrama: os símbolos que podemos empregar cos seus significados e as regras básicas. Para axudarnos a comezar empregaremos unha metodoloxía ou sistema de traballo elemental que nos axude a xerar o diagrama . Comezamos por estudar algún exemplo e interpretar o que o diagrama nos di.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0