Saltar navegación

2.2.2.- Cal é a súa utilidade?

Os Diagramas de FluxoFluxogramas ou Diagramas de Actividades permiten a representación gráfica dun algoritmo ou procedemento . Emprégase na programación , economía , procesos industriais , psicoloxía , investigación, 

Estes diagramas empregan símbolos con significados definidos que representan os pasos do algoritmo , e amosan tamén o fluxo de execución mediante conectores e frechas que ligan os puntos de partida e remate do proceso .

Vantaxes que presentan os Diagramas de Fluxo:

1

Facilitan a comprensión do proceso ao presentalo graficamente. O cerebro humano recoñece facilmente os debuxos . Un bo fluxograma pode substituír varias páxinas de texto .

2

Permite identificar problemas e oportunidades de mellora de procesos e algoritmos. Identifícanse os pasos , os fluxos , os conflitos , as responsabilidades , puntos de estrangulamento; e identifican claramente os puntos onde hai que tomar unha decisión .

3

Amosan os interfaces entre o que están no proceso e no exterior; e as transaccións realizadas no mesmo , facilitando a súa análise.