Versión de Scratch empregada nesta unidade
Esta unidade está creada para traballar con Scratch 2. Con algunas adaptacións é posible facer o mesmo proxecto na versión 3 de Scratch.
Esta unidade está creada para traballar con Scratch 2. Con algunas adaptacións é posible facer o mesmo proxecto na versión 3 de Scratch.
Comenzamos o noso proxecto programando ao noso peregrino/a. Despois de eliminar o michiño de Scratch (botón dereito sobre el eliminar) debemos debuxar ou importar o noso protagonista. Para o exemplo que guiará esta unidade, eleximos a Pelegrín, antiga mascota do Xacobeo'93. Se queres escoller a mesma, podes descargala na sección ''Recursos'' ao final do tema.
Unha vez incorporada esta imaxe, debemos darlle unhas condicións iniciais, no noso caso, facemos os pasos que podes ver na imaxe:
As condicións iniciais que vés aquí son válidas para esta imaxe de ''Pelegrín'' que podes atopar nos ''Recursos''. Para outra imaxe haberá que axustalas, podes traer a imaxe do peregrino/a que desexes e/ou adaptar o que prefiras.
A continuación amosámoste algúns dos exemplos que xurdiron na clase. Por se vos animades a debuxar tamén hai unha pequena introducción ou repaso do editor de pinturas de Scratch 2.
Para crear un novo obxecto en Scratch 2 podemos empregar o editor de pinturas. Nesta versión de Scratch podemos debuxar con dous métodos diferentes en forma de mapa de bits ou en forma de debuxo vectorial. O xeito de traballar e as ferramentas son diferentes. Imos intentar repasalas brevemente nesta sección.
Debuxar en mapa de bits é a forma máis sinxela para debuxar. Coas diferentes ferramentas o que imos facer é dar cor aos diferentes píxeles (pixel do inglés picture element) que son os pequenos cadradiños que compoñen unha imaxe. O debuxo en forma de mapa de bits emprégase en moitos programas de debuxo por ordenador coma o ''Paint'' ou o ''Gimp''.
Cando debuxamos en forma vectorial, o ordenador non garda píxeles, senon nodos ou puntos notables do debuxo. É unha forma diferente de debuxar que empregan outros programas para debuxar como ''Inkscape'', é interesante porque os elementos son independentes e podes movelos en distintas capas dentro do debuxo, pola contra é moito menos intuitivo para comezar.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0