Esquivar o negativo

Duplicamos o noso obxecto positivo e creamos un negativo

Agora imos facer que caian cousas negativas, que nos quiten vida e que teñamos que esquivar para chegar á meta. Como o comportamento é similar ás cousas positivas (creación de clons, caída, borrar ao tocar bordo e ao tocar o peregrino), o mellor que podemos facer é duplicar o noso obxecto positivo e modificar levemente o seu código.

Para duplicar un obxecto, premémolo co botón dereito do rato e dámoslle a duplicar.

Duplicar obxecto
Duplicar obxecto
Antes de modificar a vestimenta e os programas e sons do noso obxecto, pode estar ben renomealo. Para iso prememos no círculo azul coa i que hai a carón del e cambiamos o seu nome.Renomear obxecto
Renomear obxecto

Despois imos cambiar a vestimenta do obxecto negativo, pode ter a forma dunha pedra que nos fai tropezar, dunha bota, .... o que imaxinedes. Procedemos igual que fixemos ca cuncha de vieira, buscamos unhas condicións iniciais que nos aseguren que non vai tocar o bordo da pantalla.

Modificamos uns pequenos detalles na creación de clons, por un lado, desconectamos a inicialización da variable km, aproveitarémola despois. Tamén cambiamos a periodicidade coa que nos atopamos con obxectos negativos.

Clons negativos
Creación dos clons negativos

Seguimos modificando código, imos agora co comportamento dos clons negativos. Podemos cambiar a súa velocidade, e o son que fan ao impactar sobre o peregrino (podes buscar un axeitado na biblioteca de sons de Scratch). Por último, desconectamos o código que suma km, aproveitarémolo agora mesmiño.