Saltar navegación

Ramona Vaamonde Fernández

Ramona Vaamonde

Ramona Vaamonde Fernández, nada en Santiago de Compostela, o 28 de abril de 1907 e finada en 1997, foi unha doutora en Farmacia, destacando no eido da microbioloxía.

Era filla do doutor Joaquín Vaamonde Rodríguez, médico compostelán pioneiro da Radioloxía en Galicia. Licenciouse en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela en 1930 con premio extraordinario de Licenciatura e 12 sobresaíntes e matrículas de honra. En 1937 durante a guerra civil, e na súa etapa no Laboratorio de Farmacia Militar de Santiago, obtivo o título de enfermeira.

Traballou como axudante de clases prácticas de Microbioloxía na Universidade de Santiago de 1952 a 1956. Foi nomeada Profesora adxunta da Cátedra de Microbioloxía en 1956. En 1957 leu a súa tese de doutoramento en Farmacia titulada Estudios sobre el metabolismo de los ácidos nucléicos de las bacterias e dirixida por Benito Regueiro Varela.

Desde 1967 foi docente encargada da materia de Microbioloxía e Técnica microbiolóxica e no mesmo ano foi nomeada profesora agregada de Parasitoloxía. En setembro de 1975 detectou prontamente a presenza do virus do cólera evitando así unha epidemia. Xubilouse en 1977
.

BY-NC-SA