O método científico

O método científico é o método que usa a ciencia para descubrir como funciona o mundo que nos rodea. Non nos garante a certeza absoluta, pero permítenos coñecer cada vez mellor o universo, as súas leis e o seu comportamento. É por iso que a ciencia non é unha cousa estática e parada, e cada día o traballo de miles de científicos e técnicos aumenta o noso coñecemento. Nun futuro non moi afastado, o teu traballo pode aumentar o coñecemento científico.

Kaban: AulaOnline. El método científico (CC BY)

BY-NC-SA