Sigue o método científico para comprobar se un ovo flota na auga. Escribe as preguntas que farías e plantexa algunha hipótese. Que pasaría se se engade sal á auga?
Debedes decidir se pensades que o ovo se afundirá ou se, pola contra, flotará Unha vez emitida a hipótese, teríades que comprobala usando un sinxelo
experimento.
En principio, o ovo en auga afundirase, pero, se engadimos suficiente sal, flotará. Pode relacionar este experimento coa auga salgada no mar e o feito de que resulte
máis sinxelo flotar nela.
A conclusión debería levarnos a afirmar que, os corpos, afundiranse nun líquido se son máis densos que este, pero, se a densidade do líquido é maior (auga salgada) flotarán.