Saltar navegación

Estimacións en ciencia

Estimar

Unha estimación é unha predición aproximada para intentar determinar o valor dalgunha cousa

Por exemplo, eu penso que entre Ourense e Santiago hai 100 km, pero o meu amigo Jose opina que hai 120 km. A distancia é duns 107 km, tanto Jose coma eu cometimos un erro na estimación, que é a diferencia entre o valor real e o estimado. As aproximacións ao valor real poden ser por exceso ou por defecto.

Que distancia estimas que hai dende a Terra á Lúa? Fai a túa estimación, mellor con máis xente e comproba logo en canto vos equivocades.

BY-NC-SA