Saltar navegación

Pipetas

A pipeta é un instrumento de laboratorio volumétrico que permite medir a alícuota dun líquido con moita precisión. Normalmente son de vidro ou plástico. Está formado por un tubo transparente que remata nunha das súas puntas cónicas e ten unha graduación (unha serie de marcas gravadas) coas que se indican diferentes volumes.

f
Pipeta. Wikipedia. (CC BY-SA)

Algunhas son graduadas ou de simple aforo, é dicir, a enrasamos unha vez nos cero mililitros, e despois a déixamos baleirar ata o volume que se precise; outras son de dobre enrase ou dobre capacidade, enrasamos na marca ou capacidade superior e deixamos que o líquido escorra con precaución enrasar no aforo de menor capacidade. Aínda que teñen a desvantaxe de medir un volume fixo de líquido, as pipetas de dobre capacidade superan enormemente ás pipetas graduadas, xa que a súa precisión é moito maior, porque o volume medido non se modifica se se lles rompe ou deforma a punta cónica.

Outras pipetas

s
Pipeta Pasteur. Wikipedia (CC BY-SA)


Pipeta Pasteur: É coma un contagotas. Serve para transferir pequenas cantidades de líquidos.

Pipeta de precisión: Para medir de xeito moi preciso cantidades uncluso de μl.

Medical pipeta
Pipeta de precisión. (Dominio público)



BY-NC-SA