Saltar navegación

As medidas

As propiedades dun corpo (a materia forma obxectos con límites definidos) ou dun sistema material (a materia non forma obxectos con límites definidos) poden ser:

  • Cualitativas; as describimos con palabras: é branda, e vermella.
  • Cuantitativas; As valoramos con números e unidades: ten 20 g de masa ou mide 170 cm.

Cando as propiedades dun corpo ou sistema material son cuantitativas, falamos de magnitudes:

Unha magnitude é calquera propiedade da materia que se poda expresar cun número e unha unidade.

Exemplo: a masa

Unha unidade é a cantidade de magnitud que tomamos como referencia para medir esa magnitude.

Exemlo: os gramos

Medir unha magnitude, é comparala coa unidade para ver cantas veces a contén. O resultado o expresamos cun número seguido da unidade.

As medidas que fagamos poden ser directas ou indirectas:

  • Directas; obtemos inmediatamente o valor do medido. Exemplo: pesamos unha laranxa nunha balanza
  • Indirectas: Obtemos a medida realizando unha operación matemática sobre outras medidas directas. Exemplo: a densidade, que resulta de dividir a masa entre o volume dun corpo.

BY-NC-SA