Saltar navegación

Normas no laboratorio

Normas de seguridade no laboratorio

Para evitar accidentes, sempre que traballes nun laboratorio, debes contemplar unhas medidas de seguridade:

  • Normas xerais
    • Non fumes, comas ou bebas no laboratorio
    • Garda as túas prendas de abrigo e obxectos persoais para traballar.
    • Ten a mesa recollida e coas cousas que precises de verdade para traballar.
    • Aprende onde está o botiquín e como utiizalo.
    • As túas mans deben estar sempre limpas e secas. Se tes feridas debes tapalas.
  • Roupa no laboratorio. 
    • Utilizaremos unha bata para evitar salpicaduras dos produtos químicos, e preferiblemente pantalón longo e zapato pechado.
    • Levaremos postas as gafas de seguridade, sobre todo en experimentos perigosos para os ollos.
    • Se tes o pelo longo deberás recollelo.
    • Cando traballes con sustancias corrosivas ou tóximas, sempre levarás luvas.
    • Non leves pañuleos nin bufandas nin obxectos longos que dificulten a túa movilidade.
  • Coidados co vidrio
    • Non debes forzar os tubos de vidro, rompen fácilmente.
    • Antes de manipular un obxecto de vidrio despois de quencelo, deberás deixar que enfríe.
  • Eliminación de residuos
    • Depositaremos cada residuo no lugar indicado para facelo. Hai empresas que se dedican a recoller os residuos xerados nos laboratorios para tratalos.
    • Nunca tiraremos polo desagüe compostos utilizados no laboratorio, moito menos se sabemos que son dañinos para o medio ambiente.
  • Os produtos químicos
    • Non achegaremos o nariz nin os ollos nin a boca ao tubo de ensaio.
    • Sempre traballaremos tendo en conta as advertencias das etiquetas dos produtos.

Busca os erros

Da imaxe que temos a continuación, que cousas cambiarías da científica e cales están ben?

Chica científica. Publicdomainvector. (Dominio público)

Pregunta Verdadeira ou Falsa

Cal das seguintes conductas son axeitadas no laboratorio? (Verdadeiro=axeitado e Falso = non axeitado)

Pregunta 1

Utilizar luvas cando traballamos con axentes corrosivos

Pregunta 2

Eliminar os compostos químicos polo fregadero

Pregunta 3

Non levar bata no laboratorio

Pregunta 4

Non achegar nin boca nin nariz aos tubos de ensaio

Pregunta 5

Correr polo laboratorio

Pregunta 6

Lavar as mans antes e despois de traballar no laboratorio

Pregunta 7

Ter namesa a nosa sudadera, o noso bolso, o teléfono...

Pregunta 8

Recoller o pelo

Actividade de encher espazos

Que indica cada pictograma?

                                                                                1                     2                     3                    4                     5

 1             

 2        

 3     

         

Habilitar JavaScript

Lab safety

BY-NC-SA