Saltar navegación

TELEFONÍA MÓBIL

Por que o mobil da MarumaSat perde cobertura ao ascender máis ou menos un km? E por que nos  puntos de aterraxe da MarumaSat II e III non había cobertura? No seguinte texto atoparás a explicación do funcionamento dos teléfonos móbiles e poderás dar resposta a esta e outras preguntas.

Como funcionan os teléfonos móbiles?

En esencia, un teléfono móbil é un receptor-transmisor que recibe e envía ondas electromagnéticas de radiofrecuencia ou microondas, a través de antenas.

Celas, antenas e estacións base: cobertura

Para poder dar servizo a un territorio, as empresas de telefonía dividen o terreo en celas hexagonais. Nestas celas colócanse as antenas: nas zonas rurais unha no centro da cela e nas urbanas tres colocadas en vértices non consecutivos de cada hexágono. Cada cela pode dar cobertura a zonas dunhas poucas mazás nunha cidade ou extensións de ata 200 km2 en zonas rurais, o que explica que estas últimas teñan, xeralmente, peor cobertura. As antenas de telefonía móbil emiten un haz de radiación plano, de xeito que apenas hai emisión cara arriba, o que determina que se perda a cobertura ao ascender.
Reuso de frecuencias en una red de celdasSgomag. Wikipedia. CC0 1.0 Pxhere. CC0 1.0
Estas antenas denomínanse estacións base (EB), que se encargan de conectar cos terminais situados nese momento nesa cela e cada operador de telefonía móbil ten nunha determinada área xeográfica un centro de control, que se encarga de identificar e canalizar todas as conexións telefónicas que se establecen entre os usuarios.

Funcionamento da rede: chamadas

No seguinte video, descríbese como funciona a rede de telefonía móbil e que papel xogan os elementos que forman parte dela cando se realiza unha chamada.

Colombia Digital. Como funciona la telefonía móvil?. En Youtube. CC BY-SA 4.0