Saltar navegación

ONDAS ELECTROMAGNETICAS

Como comprobaches na actividade anterior, os dispositivos de telecomunicacións que empregamos nas cápsulas MarumaSat son do tipo inalámbrico. Porén, para poder comprender o funcionamento deste tipo de sistemas é necesario coñecer algúns conceptos fundamentais relacionados coas ondas electromagnéticas.

Aprende

Para empezar, unha onda electromagnética é unha perturbación orixinada por partículas eléctricas e magnéticas que se moven (oscilan) ao mesmo tempo, orixinando unha onda que se propaga, incluso sen necesidade dun medio material, á velocidade da luz (3·108 m/s).

O seu estudo lévanos a representar unha onda electromagnética como unha gráfica senoidal, onde diferenciamos os seguintes parámetros que a caracterizan:

Período (T): ou tempo en segundos que tarda unha onda en completar un ciclo. Matematicamente:

\[T=\frac{1}{f}\]

sendo (f) a frecuencia ou número de oscilacións que realiza unha onda nun segundo. A frecuencia exprésase en Hercios (Hz) ou s-1Unha onda que ten unha frecuencia de 5 Hz, realiza 5 ciclos nun segundo e ten un período de 0,2 s.

⇒ Lonxitude de onda (λ): é o espazo que ocupa un ciclo completo dunha onda ou a distancia entre dúas crestas contiguas. Exprésase en metros (m) e  pódese calcular empregando a expresión:

\[\lambda=\frac{c}{f}=c\cdot T\]

onde c é a velocidade da luz no baleiro (3·108 m/s).

Compoñentes dunha onda. Raquel Rendo. Commons Wikimedia. CC BY-NC-SA 4.0

⇒ Amplitude (A): é o máximo valor ou potencia dunha onda no tempo, tipicamente medido en voltios ou decibelios.

Ten en conta que as ondas, por si mesmas, non transportan ningunha información, para que isto suceda hai que actuar sobre elas modificándoas dalgunha forma. Este proceso denomínase modulación.