Saltar navegación

SISTEMAS DE CONTROL

Un dos obxectivos das cápsulas MarumaSat é rexistrar a temperatura e a humidade a que se atopa a cápsula MarumaSat ao longo de todo o seu voo a través da troposfera e a estratosfera, tal e como xa o fai a radiosonda, pero neste caso mediante un dispositivo de fabricación propia. Este, unha vez acendido por nós, debe elaborar o rexistro dos valores de temperatura e humidade fronte ao tempo e almacenalos nunha tarxeta de memoria, que poida ser lida tras a aterraxe e recuperación da cápsula.

Aprende

Este dispositivo constitúe un sistema de control automático ou automatismo, que podemos definir como un conxunto de elementos o dispositivos que interconectados son capaces de gobernar o seu funcionamento sen necesidade da intervención humana.

Todos os sistemas automáticos de control teñen unha estrutura similar, que podemos representar gráficamente:

(fai clic sobre cada elemento para coñecer a súa función)
Entrada Sensor Controlador Actuador Saída

O feito de que o noso sistema de control automático funcione sin ningunha condición que deteña ou altere o seu funcionamento indica que se trata dun sistema automático en lazo aberto. No caso de que se  impuxese algún tipo de restrición, por exemplo que medise ata que a temperatura acade o valor de -50ºC, significaría que o seu funcionamento depende dos valores na saída e constituiría un sistema automático en lazo pechado, que podemos definir como aquel que presenta unha realimentación desde á saída a entrada.

Gráficamente podemos representar ambos tipos de sistemas mediante bloques:

Tipos de sistemas de control. Raquel Rendo. Commons Wikimedia. CC BY-NC-SA 4.0

É a información que recibe o sistema.

Capta a información do ambiente; mide diversas magnitudes físicas.

En función da información proporcionada polo sensor activa algún funcionamento. Pode ser desde un circuíto eléctrico até un ordenador.

É o encargado de levar a cabo á acción para a que se deseñou o sistema automático.

Constituída pola resposta do sistema a esa información.