Dous dos sistemas de comunicación que montamos nas cápsulas MarumaSat, o teléfono móbil e a radiosonda, empregan radioenlaces para funcionar, pero non o fan da mesma forma xa que traballan con ondas electromagnéticas de diferente frecuencia.
RADIOENLACES
Aprende
Un radioenlace é un sistema de comunicacións inalámbricas terrestre. Por exemplo, os sinais de radio, televisión TDT ou telefonía móbil convencional envíanse mediante radioenlaces.
Elementos
En xeral, está constituído polos seguintes elementos:| (fai clic sobre cada un dos elementos para coñecer a súa función) | ||||||||
| emisor | → | antena emisora | → | estación repetidora | → | antena receptora | → | receptor |
Transmisión das ondas electromagnéticas
As ondas electromagnéticas propáganse en liña recta. En consecuencia, se pretendemos enviar un sinal a longa distancia, dado que a Terra é redonda, podería parecer que escapan da superficie terrestre para perderse no espazo. Pero non é así:
|
- as ondas electromagnéticas de frecuencias inferiores a 15 MHz (empregadas para transmitir a radio FM e AM) reflíctense na ionosfera (a capa da atmosfera situada entre os 90 e 400 km de altura) e as ondas reflectidas que volven á Terra poden ser de novo emitidas cara o espazo e sufrir unha segunda reflexión; de feito, este proceso pódese repetir sucesivas veces e poden salvarse grandes distancias. - no caso das ondas de frecuencia superior a 15 MHz (radiofrecuencia UHF e VHF e microondas) que non rebotan na ionosfera só poden transmitirse se as antenas repetidoras son visibles entre si. Neste caso, a distancia máxima entre dúas antenas (D, en km) ten en conta o radio da curvatura terrestre (6371 km) e pode calcularse pola expresión: |
![]() |
| Esquema propagación onda ionosfera. . Wikipedia. CC BY-SA 4.0 |
\[\: \: \: \: \: \: \: \: \: \: \: \: D=3,6\cdot \left ( \sqrt{H}+\sqrt{h} \right )\\sendo\: H\: e\: h\: as\: alturas\: das\: antenas\: en\: m\]
Difunde o sinal modulado (onda electromagnética) ao espazo, onde se transmite a través do aire, salvando a distancia que a separa do seu destino.
Posto que as ondas van perdendo intensidade a medida que se propagan, establécese unha ou varias estacións repetidoras que reciben o sinal e o amplifican para que poida chegar a o seu destino en condicións óptimas.
Recibe a onda electromagnética e envía o sinal a o receptor.
Transforma o sinal recibido en sons e/ou imaxe (reconstrúe a información).
É o encargado de producir a información e transmitir e tratar o sinal da forma adecuada para que poida ser enviada.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0
