A bordo da cápsula MarumaSat deben viaxar varios dispositivos de telecomunicacións, que nos permitan localizar a cápsula durante todo o seu voo, unha vez aterrou ou transmitir en tempo real os datos das magnitudes termométricas que se van medindo a tráves do percorrido pola troposfera e a estratosfera.
TELECOMUNICACIÓNS
Aprende
As tecnoloxías da comunicación ou telecomunicacións estudan os sistemas que permiten a transmisión de información entre dous ou máis puntos distantes entre si.
Existen moitos sistemas ou tecnoloxías de comunicación, pero todos responden a un mesmo esquema de funcionamento:
![]() |
| Esquema telecomunicacións. Raquel Rendo. Commons Wikimedia. CC BY-NC-SA 4.0 |
Se temos en conta o canal ou medio de transmisión podemos clasificar os sistemas de telecomunicación en:
-
Alámbricos ou con fíos: empregan un soporte físico, que conecta emisor e receptor, para transmitir o sinal. Tradicionalmente empregábanse cables de cobre, pero hoxe en día son frecuentes os sistemas con fibra óptica.
-
Inalámbricos: non precisan un soporte físico para transmitir a información; esta viaxa en forma de ondas electromagnéticas a través da atmosfera ou o baleiro do espazo.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0
