Saltar navegación

GPS

O éxito das misións das cápsulas MarumaSat implica que debamos recuperala tras a súa aterraxe, para o cal debemos coñecer a súa localización exacta. En previsión de que un equipo non funcione, triplicamos os dispositivos que nos dan a posición e empregan o sistema GPS (Global Positioning System):

- a radiosonda meteorolóxica: retransmite a súa posición mediante ondas de radio en tempo real durante todo o voo

- o gps tracker: retransmite a localización mediante un sinal de telefonía móbil, polo que só ten cobertura en Terra e durante o primeiro km de ascenso aproximadamente. Así que despois de lanzar, non podemos comunicarnos con el, pero volve a estar operativo cando a cápsula aterra, se o fai nunha zona con cobertura telefónica.

- e o propio teléfono móbil que viaxa na cápsula, co gps acendido, e que funciona do mesmo xeito que o gps tracker. Para triplicar verdadeiramente as opcións, debemos empregar tarxetas sim de compañías diferentes.

Aprende

Pero, ...como funciona o GPS ? Como localiza a nosa posición? Emprega os satélites ou faino con estacións terrestres? No seguinte video explícano en menos de catro minutos:

Date un voltio. ¿Como funciona el GPS? En Youtube. Licenza de Youtube estándar.