Aprende
Unha radiosonda é un dispositivo empregado en globos meteorolóxicos para medir varios parámetros atmosfericos (presión, temperatura, humidade e velocidade do vento) e transmitilos a un aparello receptor mediante ondas de radio (UHF) cuxa frecuencia é próxima aos 403 MHz.
Para determinar a da velocidade do vento emprégase un dispositivo GPS montado na propia radiosonda, para o cal tense en conta que a velocidade do vento e igual á velocidade do globo e cálculase a partir do tempo medido para o desprazamento entre dúas posicións dadas polo GPS.
Nas operacións inmediatas ao lanzamento da MarumaSat, unha vez está conectada á cápsula, e tamén durante a súa manipulación anterior, é moi importante non tocar os sensores coas mans xa que pode alterarse o seu funcionamento; na imaxe podes ver onde se sitúan (o sensor de presión vai no interior).
Nas estacións meteorolóxicas o receptor está fixo e conectado a un ordenador que por medio dun software específico almacena os datos en tempo real. Non obstante, tamén poden empregarse un radiotransmisor e un ordenador portátiles para facer o seguemento da traxectoria e desprazarse ata o punto de aterraxe de xeito case simultáneo, coma nos lanzamentos da MarumaSat. O software empregado pola NOSA é o SondeMonitor, que decodifica os sinais de radio, devolvendo un conxunto de valores, relacionados entre si pola altura, que se almacenan nunha folla de cálculo.
Radiosonda (sensores e antenas)

Vaisala RS92-SGPD and its successor, the RS41-SGP . Wikipedia. . CC BY-SA 4.0
Radiotransmisor

Walkie-talkie. Public Domain Pictures. George Hodan. CC0 Public Domain
Video funcionamento equipos