Actividade
Cando falamos de Arduíno debemos diferenciar entre:
A placa
A placa Arduíno é un módulo formado por compoñentes electrónicos soldados sobre un circuíto impreso. Adoita a colocarse sobre unha base illante e ao seu carón sitúase unha placa protoboard, na que se montan os circuítos electrónicos.![]() |
| Placa Arduíno con protoboard. Raquel Rendo. Commons Wikimedia. CC BY-NC-SA 4.0 |
A contorna de programación
Coñécese normalmente como programa Arduino.
É unha Contorna Integrada de Desenvolvemento (IDE, en inglés) que permite escribir e editar programas, compilalos (traducilos á linguaxe que entende o microcontrolador) e cargalos na placa Arduino. O IDE de Arduino é un programa de descarga gratuíta que podemos atopar na páxina principal do proxecto (www.arduino.cc). Tamén podemos empregar o seu editor web e traballar online, previo rexistro cunha conta de Google.
![]() |
| Arduino IDE Blink. Cedar101. Wikipedia. CC0 1.0 |

