Saltar navegación

O EXERCICIO FÍSICO:

Precoñecemento

Entre os principais beneficios demostrables cientificamente que proporciona a práctica da actividade física ou exercicio físico temos que:

  • Axuda a reducir a mortalidade por todas as causas.
  • Prevén as enfermidades cardiovasculares e coronarias.
  • Reduce a presión arterial e prevén a hipertensión.
  • Mellora os lípidos sanguíneos e as lipoproteínas.
  • Inflúe positivamente sobre os factores de coagulación e hemostáticos.
  • Inflúe positivamente sobre os mediadores inflamatorios.
  • Reduce e prevén o sobrepeso e a obesidade e mellora a distribución da graxa corporal.
  • Prevén e mellora a diabete tipo 2.
  • Reduce a incidencia de cancro de colon.
  • Prevén e mellora a dor lumbar, a artrose, a osteoporose e a sarcopenia.
  • Prevén e mellora a depresión e a ansiedade.
  • Mellora o rendemento cognitivo.
  • Beneficia a persoas de todas as idades: facilita o crecemento saudable e o desenvolvemento social na infancia e
  • reduce o risco de enfermidade crónica e mellora a saúde mental en adultos.
  • Nas persoas maiores, proporciona independencia funcional e calidade de vida, mellora a aptitude músculoesquelética,

Centers for Disease Control and Prevention. Physical activity and health. A report of the Surgeon General.United States Department of Health and Human Services; 1996

Licenza:Creative Commons BY-NC-SA de:Mª Mercedes Iglesias González  no Espazo Abalar en https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/espazo/repositorio/cont/un-corpo-para-toda-vida