Mellora a coordinación neuromuscular
Precoñecemento
![]() |
A coordinación muscular ou motora é a capacidade que teñen os músculos esqueléticos do corpo de sincronizarse baixo parámetros de traxectoria e movemento.1 O resultado da coordinación motora é unha acción intencional, sincrónica e sinérxica. Tales movementos ocorren de maneira eficiente por contracción coordinada da musculatura necesaria así como o resto dos compoñentes das extremidades involucradas. A coordinación muscular está minimamente asociada con procesos de integración do sistema nervioso, o esqueleto e o control do cerebro e a medula espinal. O cerebelo regula a información sensitiva que chega do corpo, coordinándoa con estímulos procedentes do cerebro, o que permite realizar movementos finos e precisos. Xunto a esta coordinación de movementos, o cerebelo regula e controla o ton muscular.2 |
Tipos de coordinación:
-Oculo manual. Aquí englobamos os movementos nos que se establece unha relación entre a nosa intención dunha acción e os nosos membros superiores. Por exemplo golpear unha pelota de tenis ca raqueta.
-Óculo-pé. Comprende os movementos nos que se establece unha relación entre a nosa intención dunha acción e os nosos membros inferiores.Por exemplo realizar un control co pé cun balón de fútbol.
-Dinámica xeral .Agrupa movementos que requiren unha acción conxunta de todas as partes do corpo.Por exemplo o gateo ou a cuadrupedia.
