Saltar navegación

A Educación Física é saúde.

OS EXPERTOS COINCIDEN

"A actividade física é o mellor medicamento.
Non existe dieta ou terapia farmacolóxica que produza ao mesmo tempo, sen efectos secundarios
e de xeito tan barato, os beneficios directos e indirectos da actividade física.Está suficientemente demostrado o valor terapéutico e preventivo do exercicio físico na maioría das enfermidades."

Calquera modalidade é útil para manter un bo estado de saúde. A actividade física moderada e progresiva pode recomendarse de xeito xeral e os seus riscos son baixos.Cando hai algunha enfermidade ou lesión, o aconsellable é realizar exercicio físico adaptado.O deporte, practicado de modo competitivo, debería reservarse para as persoas que conten cunha condición física axeitada para a modalidade practicada.

Xunta de Galicia Plan Galego para o Fomento da Actividade Física. Galicia Saudable.(Alianza estratéxica horizonte 2020.Aprobado polo Parlamento Galegoo 27 de decembro de 2011)

RECOMENDACIÓNS PARA O NOSO GRUPO DE IDADE

DE 5 A 17 ANOS

Tipo de actividade física. Forma de participación na actividade física

aeróbica, ou para mellorar a forza, a flexibilidade ou o equilibrio, anaeróbica

AERÓBICA

Duración.

Tempo durante o cal se debería realizar a actividade ou exercicio.

adoita estar expresado en minutos.

60 MINUTOS

Frecuencia.

Número de veces que se realiza un exercicio ou actividade

adoita estar expresado en sesións, episodios, ou quendas por semana

TRES VECES POR SEMANA

Intensidade.

Ritmo e nivel de esforzo que leva a actividade.

grao ou magnitude do esforzo necesario para realizar unha actividade ou exercicio

MODERADA

Volume.

Interacción entre a intensidade das quendas, a frecuencia, a duración e a permanencia do programa.

actividade en estado de repouso

actividade física moderada.

actividade física vigorosa

INCORPORANDO ACTIVIDADES VIGOROSAS

 

                                      *  Pfesentación consultada o 14 de marzo de 2016 en http://prezi.com/lwmnyuimyove/?utm_campaign=share&utm_medium=copy&rc=ex0share

Podes procurar información partindo da popia ligazón suxerida para comprobar a importancia e relación que teñen a Educación Física e a saúide.

O exercicio físico é a  actividade física recreativa, que se realiza en momentos de lecer ou de tempo libre, é dicir fose do traballo ou actividade laboral. É unha afección que obtén unha vivencia pracenteira, comunicativa, creativa e social das nosas prácticas corporais.O exercicio físico implica a realización de movementos corporais planificados e deseñados especificamente para estar en forma física e gozar de boa saúide.O termo de exercicio físico inclúe o da ximnasia, o baile, os deportes e a educación física.
«Exercicio físico - Wikipedia, a enciclopedia libre». Accedido 16 de marzo de 2016. https://gl.wikipedia.org/wiki/Exercicio_f%C3%ADsico.