Axuda á dixestión
Como un reloxo
Case un tercio da poboación mundial padece problemas intestinais e dixestivos. O ritmo de vida tan acelerada que temos na actualidade potencia os nervios, as presas, as tensións e unha mala alimentación que na maioria dos casos chega a provocar problemas estomacais o que deriva en estreñimiento, gases, hinchazón, diarrea e unha mala dixestión. Estos desaxustes pódense minimizar coa práctica do exercicio físico, que non só resulta benéfico para que o organismo funcione correctamente, xa que aparte de manter o corpo tonificado, fortalece os músculos abdominais e estimula de maneira eficiente o paso dos alimentos polo intestino, evitando o estreñimiento.
Investigacións recentes atoparon que o exercicio en combinación cunha alimentación rica en proteínas, aumenta a cantidade de bacterias intestinais, o que produce efectos positivos ao corpo, xa que unha flora intestinal rica reduce o risco da obesidade e mesmo das enfermidades, grazas a potenciar o noso sitema inmunolóxico.
