Fomenta o descanso e o sono
Axúdanos a relaxar e a durmir
O exercicio aérobico durante o día favorece o ciclo do sono (durmirás antes e máis profundamente).Pola noite antes de durmir son máis axeitados os exercicos de respiración e relaxación, así como evitar as bebidas estimulantes e refrescos.
Segundo os expertos, se non durmimos unha cantidade de horas suficiente (polo menos 9 horas indicadas para a nosa idade), ademais da falta de vitalidade e enerxía para render física e intelectualmente, poden derivarse consecuencias negativas para a nosa saúde como pode ser a aparición de tensión e malestar na persoa e, a posibilidade de desenvolver síndromes metabólicos no noso corpo, así como de favorecer a obesidade
"Os datos dun estudo realizado por investigadores da Universidade Northwester (EEUU) apuntan que durmir unha hora adicional pola noite axudaría a manter baixo control a obesidade infantil, cun índice de masa corporal (a relación entre peso e estatura) máis baixo e a estar menos expostos á obesidade os cinco anos posteriores. O estudo, publicado Child Development, revela que só unha hora de máis diminuiría ata un 36% a posibilidade de que os nenos sufran sobrepeso".
