Saltar navegación

Un punto delicado

Pois seguro que xa atopaches o momento en que a Voz III toma a melodía, viches o que fan as demais voces?

Este é o único momento da canción en que desaparecen brevemente os orneos, pasando as tres voces a complementar simultaneamente a melodía. Isto é o que se coñece como homofonía, outro dos tipos de textura máis comúns. Obsérvao neste esquema e escóitao no reprodutor:

 

                



  • E a continuación, continúa a melodía acompañada de orneos, pero agora cun novo cambio de roles entre as voces que acompañan. Escoita ese cambio no reprodutor.